Monday 29 de April de 2024

Ovidio Todeiro destaca o importante labor da Fundación Santo Hospital da Caridade na atención ás persoas sen fogar


O delegado territorial da Xunta na Coruña visitou este albergue beneficiado pola orde de axudas a entidades de iniciativa social para promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e de inclusión

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou as instalacións do albergue da Fundación Santo Hospital de Caridade que centra a súa actividade no albergue Pardo de Atín que ten capacidade para 42 persoas e ten como principal obxectivo atender ás persoas sen fogar ofrecendo cama, comida, aseo e roupa se fose necesario.

Este albergue está situado nun edificio anexo ao Hospital Juan Cardona do que depende. en caso necesario os usuarios do centro poden recibir atención sanitaria no hospital. Este centro se creou en 1936, herdando as funcións da vella hospedería. O albergue comeza a funcionar do forma moi parecida á actual no antigo Hospital trasladándose ao de Caranza en 1974. En 1991 inaugurase o edificio anexo ao centro hospitalario modernizando as súas instalación e ofertando as 42 prazas actuáis.

Ovidio Rodeiro recalcou que “para aloxarse no albergue o único que se precisa é chamar á porta portando o DNI ou pasaporte e serán atendidos polo persoal do centro”. Para o delegado territorial “o labor que realizan este tipo de entidades é fundamental nun estado de benestar e fan que camiñemos cara un modelo social máis inclusivo”

A Fundación Santo Hospital de Caridade forma parte das asociacións beneficiadas pola orde de axudas a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e de inclusión social.

Segundo aclarou Ovidio Rodeiro son subvencionables varios tipos de servizos e actuacións:

– Funcionamento e inversión en centros de inclusión e de emerxencia social
– Actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun programa de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos ou prestacións vinculadas ao desenvolvemento de determinados servizos sociais de inclusión, incluíndo aqueles dirixidos de forma exclusiva á poboación inmigrante especialmente os programas para fomentar a súa integración laboral.